Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
A CAMPAÑA “NINGÚN NENO/A SEN XOGUETE” VAI SUMANDO ADHESIÓNS E MANTÉN O PRAZO ABERTO PARA COLABORAR DURANTE ESTA SEMANA

Desde a Concellería de Política Social anímase a todas as entidades, asociacións, empresas ou persoas individuais da nosa contorna a sumarse a esta Campaña, para que sexa unha acción colectiva, reflexo da solidariedade do noso pobo.

A entrega dos agasallos ás familias beneficiarias terá lugar o 23 de decembro para facilitarlle se os queren dar por Noiteboa ou durante Reis

As persoas, entidades ou colectivos que queiran sumarse á campaña “Ningún neno/a sen xoguete” do Concello poden comunicalo a través do teléfono de servizos sociais, no 986 78 00 14 durante toda esta semana, a fin de que dea tempo suficiente para despois realizar a posterior corentena e desinfección.

As iniciativas e colaboracións xurdidas no que vai de campaña de “Ningún neno/a sen xoguete” neste ano son:

  1. Recycling Bicis Solidarias: doazón dun importante lote libros de lectura.
  2. Persideza: doazón de xoguetes.
  3. Escola Infantil de Donramiro: doazón de xogos e xoguetes por parte de todas as familias.
  4. Residencia DOMUSVI Lalín: colocou un punto de recollida e achegarán as doazóns ao Desván, mañá xoves.
  5. Grupo de Amigos de Lalín: colaboran cunha doazón pecuniaria como colaboración e agradecemento pola cesión do local onde se reúnen semanalmente. Depositaron esta colaboración na xoguetería Juguettos, onde se retirarán xogos educativos para a campaña.
  6. Escola de Xadrez: colaboraron cunha achega pecuniaria depositada na librería Dalvi.
  7. Hipermercado Gadis: realizaron unha doazón de xoguetes.

A estas colaboración súmanse doazóns anónimas de xogos e xoguetes rexistrados no Desván os martes e xoves (9 e 14 de decembro).

Desde a Concellería de Política Social anímase a todas as entidades, asociacións, empresas ou persoas individuais da nosa contorna a sumarse a esta Campaña para que sexa unha acción colectiva, reflexo da solidariedade do noso poso.

A entrega dos agasallos ás familias beneficiarias terá lugar o xoves, 23 de decembro, a fin de que dispoñan deles antes da Noiteboa e poidan decidir se dalos aos seus nenos e nenas durante a Noiteboa e o Nadal ou reservalos para que sexan un regalo de Reis, isto é, para que cada familia teña estas dúas opcións.

COMO PODO COLABORAR?

a) Mercando un agasallo novo (xoguetes, xogos educativos, libros de lectura...) e entregándoo no Desván Municipal.

b) Reciclando e desinfectando un xogo, xoguete, libro... que sexa propio e que se atope en perfecto estado de uso e entregándoo no Desván Municipal.

c) Habilitando un punto de recollida no teu establecemento, asociación, centro social e comunicándoo nos teléfono de contacto da organización da Campaña (986780014)

d) Depositando unha doazón económica no comercio local (xogueterías ou librarías) e comunicándoo no teléfonos de contacto da organización da Campaña (986780014).

km0