O alcalde e o concelleiro delegado comprobaron o desenvolvemento desta actuación en Palmou que se executa con medios propios e coa que se dá resposta á demanda veciñal.
O goberno leva executados a mellora duns 10 lavadoiros en distintas parroquias.
O alcalde de Lalín, José Crespo, e o concelleiro delegado, José Cuñarro, achegáronse a Palmou para comprobar o transcurso das obras de mellora da fonte-lavadoiro de Pazos. Trátase dunha fonte de auga potable que sorte a este lugar e en canto ao lavadoiro cómpre dicir que levaba xa bastante tempo sen uso, dado que agora a xente non usa moito este tipo de elementos, que en décadas atrás tiñan un uso comunitario e supoñían un lugar de encontro social dos veciños.
En todo caso os lavadoiros constitúen un patrimonio existente nas nosas aldeas e cuxa mellora constituíu unha das demandas máis recorrentes nas visitas que o goberno municipal mantivo no primeiro treito de mandato. A día de hoxe lévanse arranxado máis de 10 lavadoiros en distintas parroquias.
No que se refire á fonte-lavadoiro de Pazos cómpre indicar que é unha actuación que se fixo con medios propios e que quedará rematada a vindeira semana.