Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
AVELINO SOUTO E CÉSAR REBOREDO ACUDEN AO TORNEO DE FÚTBOL 8 ORGANIZADO NO MANUEL ANXO CORTIZO

O concelleiro de Deportes agradeceu a iniciativa á Escola de Fútbol de Lalín, así como aos demais colaboradores, a Deputación Provincial e o Gadis Centro Comercial Pontiñas

Ao encontro deportivo acudiron máis de 200 rapaces, sendo unha xornada de deporte e encontro

A Escola de Fútbol Lalín, en colaboración co Concello de Lalín, a Deputación de Pontevedra e Gadis Centro Comercial Pontiñas, organizou un torneo de Fútbol 8 nas categorías Alevín e Benxamín entre as oito mellores escolas de Galicia.

Deste xeito, tal e como explica Souto  “participaron os clubes das seguintes escolas: Celta de Vigo, Val Miñor, Deportivo de La Coruña, Cidade Ribeira, C.D. Lugo, Bertamiráns, Pabellón Ourense, E.F. Lalín”.

O concelleiro agradeceulle á Escola de Fútbol Lalín a iniciativa, xa que “é unha honra recibir aquí neste recentemente remozado estadio a todos estes pequenos grandes deportistas, que en total suman máis de 200 rapaces, e que ben seguro gozaron desta xornada de deporte, convivencia e encontro entre as escolas”.

Proclamáronse campións o Celta en categoría benxamín e o Deportivo na categoría alevín, cunha meritoria participación da Escola de Fútbol Lalín.

km0