Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
TAMARA JIMÉNEZ DE PONTEVEDRA, TANIA NÓVOA DE VIGO E LAURA MOURE DE AGOLADA, GAÑADORAS DO CONCURSO DE CARTAS “DILLO A QUEN MALTRATA”

A concelleira de Igualdade transmítelle os parabéns ás galardoadas así como ao máis dun cento de persoas participantes nesta XIX edición do certame

O acto de entrega terá lugar o sábado 26 de novembro ás 18 horas na actividade denominada “Arte-Acción contra a violencia de Xénero”, no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis.

Tamara Jiménez Quirós, de Pontevedra, coa carta titulada “Tecendo unha saída”; Tania Nóvoa Paz, de Vigo con “A miña nai é unha illa” e Laura Moure Miguélez, de Agolada con “Sobrevivir para poder vivir” alzáronse co 1º, 2º e 3º premio, respectivamente, do XIX Concurso de cartas “Dillo a quen maltrata 2022”, de acordo ao ditame do xurado emitido o pasado 15 de novembro, tras unha meditada deliberación sobre as 20 cartas preseleccionadas entre as 115 orixinais presentadas, tal como se vén de aprobar en Xunta de Goberno Local.

A concelleira de Igualdade, Begoña Blanco, transmite “a en hora boa ás tres gañadoras, así como a todas as persoas participantes no certame que contou cunha altísima participación de diversos lugares do territorio nacional, tamén de Galicia e mesmo de Arxentina”. “Cómpre destacar tamén que tomaron parte nel diferentes centros educativos lalinenses”, remarca.

O acto de entrega terá lugar o sábado 26 de novembro ás 18 horas na actividade denominada “Arte-Acción contra a violencia de Xénero”, no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis. Unha actividade enmarcada na programación municipal do 25N, organizada pola Oficina de Igualdade do Concello e que abrangue unha mirada desde diferentes manifestacións artísticas, literaturas, danza, música, imaxe, etc. para visibilizar o traballo contra a violencia”.

km0