Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
LALÍN CELEBRA OS PRODUTOS AMPARADOS BAIXO O SELO DE ARTESANÍA ALIMENTARIA NA SEGUNDA EDICIÓN DE MERCA DELICADEZA

A Feira de Artesanía Alimentaria desenvolverase do venres 8 ao domingo 10 na Praza da Igrexa en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas

O mercado está organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria en colaboración co Concello de Lalín, co obxectivo de dar a coñecer os produtos  amparados por este selo de calidade

Este evento terá lugar os vindeiros 8, 9 e 10 de marzo en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 21,00 horas na Praza da Igrexa e nel participarán unha trintena de operadores noutros tantos postos de venda ao público

Contará tamén con diferentes actividades como demostracións de cociña, charlas técnicas e divulgativas ou obradoiros infantís, entre outros, así como obradoiros a cargo de Artesanía de Galicia para dar a coñecer os oficios artesáns

O alcalde de Lalín, José Crespo, participou xunto ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos; o presidente de AGOAAP, Carlos Brea, e o concelleiro de Agriucultura, Marcos Mariño, na presentación deste evento

 

km0