Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
INCORPORÁRONSE CINCO TRABALLADORES DO PLAN +PROVINCIA CUN CONTRATO DE DURACIÓN DE NOVE MESES

 

  • A mediados de mes está previsto que se unan outros quince operarios máis no marco deste Plan contratados por un período de sete ou seis meses

Veñen de incorporarse ao Concello de Lalín os primeiros traballadores correspondentes ao Plan +Provincia subvencionado pola Deputación de Pontevedra. Trátase de 1 condutor para retroescavadora, 2 condutores de tractor desbrozadora, 1 peón albanel e 1 auxiliar de información turística, todos eles contratados por nove meses. Foron recibidos polo alcalde, José Crespo; a tenente alcalde e responsable de Réxime Interno, Paz Pérez; e polos concelleiros de Obras, José Cuñarro; de Turismo, Begoña Blanco, e de Emprego, Beatriz Canda. Outro peón albanel está previsto que se sume mañá ao non poder facelo hoxe por motivos persoais.

Xunto a estes seis, está previsto que a partir de mediados de mes se incorporen outros quince operarios: 2 peóns albaneis, 4 peóns forestais, 6 peóns de obras públicas, 2 auxiliares administrativos e 1 técnico superior de informática. Todos con contratos de sete meses agás os peóns albaneis e os forestais, que o terán de seis.

 

Documentos
km0