Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
MARIÑO ANUNCIA QUE A FINAIS DE ABRIL COMEZA UNHA NOVA CAMPAÑA MUNICIPAL DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE SILO AGRÍCOLAS
  • O edil de Agricultura solicita a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba e terra, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación. Fóra desas datas non se poderán deixar

“A finais de abril iniciaremos unha nova campaña de recollida de plásticos de silos agrícolas do Concello de Lalín, que se fará, como vén sendo habitual, polas distintas parroquias, distribuídas en tres zonas de recollida”, explica o edil de Agricultura, Marcos Mariño.

“Concretamente dará comezo os días 27, 28, 29 e 30 de abril en que se poderán depositar os plásticos nas parroquias de Lalín de Arriba, Xaxán, Goiás, Maceira, A Veiga, Sello, Fontecabalos, Erbo, Albarellos, Castro, Alemparte, Alperiz, Parada, Cadrón, Muimenta, Carballeda, Galegos, Cercio, Palio, Rodís, Cangas, Cello, Palmou, Camposancos e Val”, sinala. “Os veciños destas parroquias poderán acopiar os plásticos nos lugares habilitados ao efecto que son xunto ao centro social de Goiás; xunto ao centro social de Sello; xunto ao depósito de auga de Palmou; xunto ao cemiterio de Erbo; no campo de fútbol de Cercio; no campo de fútbol de Cadrón; na estrada vella a Meixomín; na cooperativa de Castro; cooperativa de Maceira e no Campiño de Arriba de Cello”, precisa. “A recollida terá lugar o 2 de maio pola empresa SIMA S.L”, indica.

Os días 4, 5, 6 e 7 de maio terá lugar a recollida de plásticos na zona de Catasós, Vilanova, A Xesta, Barcia, Anseán, Gresande, Cristimil, Soutolongo, Botos, Moneixas, Zobra, Lebozán, Vilatuxe, Lodeiro, Doade, Donsión e Donramiro. O día de recollida será o 8 de maio e os puntos de acopio: xunto ao centro social de Catasós; na estrada Lalín-Xesta (antes da ponte da autoestrada), xunto ao centro social de Vilatuxe, xunto ao centro social de Lebozán, xunto ao cruceiro de Doade, no aparcamento da igrexa en Sampaio, na cooperativa de Botos, na cooperativa Campodeza en Gresande, na Praza de Vilar de Soutolongo, na vía de servizo preto do aserradoiro de Moneixas e xunto ao monolito do Agro de Zobra.

Os días 11, 12, 13 e 14 de maio a veciñanza das parroquias de Noceda, Anzo, Losón, Busto, Madriñán, Méixome, Santiso, Bermés, Prado, Bendoiro e Figlueira poderán deixar os plásticos de silo para a súa recollida nos puntos de acopio: xunto ao centro social de Losón, xunto ao centro social de Anzo, xunto ao centro social de Méixome, no campo da festa de Noceda, no campo da festa de Bermés e en Cardexía na finca de Vila fronte a pista que vén do Toxo. O 15 de maio farase a recollida.

O edil de Agricultura precisa que “é importante recordar que os plásticos deben estar limpos de herba e terra e non se poderán depositar nin os cordeis, nin sacos big bags, nin garrafas, nin rodas e tampouco se poderán deixar os plásticos fóra desas datas”.

No caso de depositar residuos nestes lugares diferentes aos plásticos de silo poderá ser sancionado con multas de ata 750 € de acordo ao artigo 67 da ordenanza de medio ambiente e limpeza do Concello de Lalín.

Desde o Concello solicítase a colaboración da veciñanza para que durante os días nos que se leve a cabo a campaña se depositen os plásticos agrícolas de silos, limpos de herba, nos lugares habilitados ao efecto, de xeito que se evite que estes residuos queden acorados á terra producindo contaminación.

km0