Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
TURISMO E NOVAS TECNOLOXÍAS PUXERON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA DE FOLLETOS DIXITAIS PARA VISITANTES E VECIÑOS AOS QUE SE PODERÁ ACCEDER A TRAVÉS DE CÓDIGOS QR DA PLATAFORMA LALÍN INFINITO
  • Estes QR e a campaña turística estará recollida en pegatinas para os vidros e cristais dos establecementos e que poderán ser facilmente lidos polos visitantes e posibles usuarios.

As concelleiras de Turismo e Novas Tecnoloxías, Begoña Blanco e Raquel Lorenzo, presentaron onte a campaña de difusión dos atractivos de Lalín e dos puntos máis turísticos do Concello a través da plataforma dixital Lalín Infinito e da súa app. Unha campaña que se localizará na maior parte do comercio e edificios públicos a través de códigos QR.

Con este método, calquera veciño ou visitante que o desexe ou que teña necesidade de acceder a información turística de Lalín poderá facelo dun xeito virtual a través de un QR que os derivará á plataforma Lalín Infinito.

Estes QR e a campaña turística estará recollida en pegatinas para os vidros e cristais dos establecementos e que poderán ser facilmente lidos polos visitantes e posibles usuarios. Nesta campaña, a diferencia de outras en que se aposta polo formato físico e en papel, apostouse por un formato dixital máis sustentable e menos contaminante, e que terá unha maior duración no tempo ao estar situado nestas pegatinas de calidade con alta duración.

km0