Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
MARCEL VAN BREE NOVO DIRECTOR DA BANDA DE LALÍN

Marcel van Bree afronta a súa segunda etapa como director da Banda de Lalín, a Banda tamén presenta nova presidencia da man de Antón Batán que asume o cargo

O Concello de Lalín, da man do alcalde José Crespo, ven de presentar o pasado sábado ao novo director e ao novo presidente da Banda de Lalín, postos que desempeñarán Marcel van Bree e Antón Batán respectivamente. Crespo desexoulles moitos éxitos nesta nova andaina coa Banda de Lalín.

De Marcel van Bree recordou que nos anos 90 revolucionou a dirección das bandas en Galicia, e que ostenta un currículum impresionante e que é un vello coñecido de Lalín e da agrupación musical, ao igual que Antón Batán que forma parte da Banda desde neno.

Crespo transmitiu a noraboa á Banda pola elección de Marcel, e moita sorte ao novo Presidente Antonio Batán. Do mesmo xeito amosou a súa gratitude ao presidente saínte Alejandro Piñeiro Rodríguez, que ao longo dos últimos 8 anos, xunto co seu equipo ocuparonse de manter unha Banda que para os lalinenses é un sinal de identidade e orgullo.

km0