A Real Academia Galega de Belas Artes vén de comunicar que dedicará ao noso xenial pintor o Día das Artes Galegas 2022.
A Real Academia Galega de Belas Artes ven de comunicar a súa decisión, neste 2021 no que se cumpre o 25 cabodano de LAXEIRO, de que dedicará ao noso xenial pintor o Día das Artes Galegas do próximo ano 2022.
A Real Academia Galega de Belas Artes na Sesión Ordinaria no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña, decidiu, por aclamación, homenaxear ao longo de 2022 e en especial o Día das Artes Galegas, 1 de abril, a José Otero Abeledo “Laxeiro” Fundacion Laxeiro (Lalín, 1908 - Vigo, 21 de xullo de 1996).
No Concello dende hai máis de un mes estamos preparando un acto de homenaxe con motivo do 25 cabodano ao “pintor de Lalín“, como firmaba el cando estaba en Bos Aires. Será o vindeiro 21 de xullo, faremos actos no museo, na casa natal en Donramiro e na Romea, actos aos que estades convidados.