Mañá sábado 7 de xuño ás 12:15 h, a libraría Nigraponte de Lalín encherase de selva, risas e palabras xogonas coa presentación do conto “Que enleada coa piada”, da man da súa autora, Rita Doallo. ?? Un contacontos con colibrís, tucanos e guacamaios pensado para crianzas a partir de 3 anos, e unha oportunidade fermosa para escoitar historias en galego, con ritmo e moita imaxinación.
06 xuño 2025