Hoxe conversamos con Álvaro Martínez García, a alma de Dezabellas, unha pequena grande xoia da apicultura galega con sede en Lalín. A súa mel de castiñeiro foi recoñecida entre as mellores do mundo no prestixioso Black Jar Honey Contest dos Estados Unidos, e suma medallas de ouro e prata en certames internacionais como os London International Honey Awards ou os Paris Honey Awards.
23 xuño 2025