Acceso a 1º de grao elemental

Para o acceso ao grao elemental o CMUS ríxese pola normativa do Decreto 198/2007, publicado no DOG nº 207 do 25 de outubro de 2007. No artigo 7º indica o seguinte:

1. Para acceder ás ensinanzas de grao elemental de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso, que garanta os principios de igualdade, mérito e capacidade.

2. O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais. En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

3. A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:

  • a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
  • b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
  • c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.
     

4. A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.

A Circular 4/2008 da Xunta de Galicia regula as probas de acceso ao grao elemental de música e desenvolve os puntos anteriores.

 

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Información Probas de Acceso a 1º do Grao Elemental

2025/2026

 

O Prazo de Matrícula será do 23 ao 27 de xuño.

A matrícula é gratuita e realizarase chamando ao teléfono do CMUS 986783570 en horario de 16:00 a 21:00.

 

O CMUS Profesional de Música de Lalín organiza o I Curso de iniciación á música para nenos e nenas de 8 a 14 anos, unha proposta pensada para achegar ao público infantil ás ensinanzas musicais regradas que se imparten no noso Centro.

Trátase dunha experiencia lúdica e participativa na que o alumnado poderá explorar a música de forma creativa e descubrir, desde dentro, como é a vida nun conservatorio.

O curso desenvolverase do 23 ao 27 de xuño, en horario de 17:00 a 18:00 horas. A inscrición é gratuíta e pode realizarse chamando ao teléfono 986 783 570, de luns a venres en horario de 16:00 a 21:00 h.

 

As probas realizaranse o luns 30 de xuño no CMUS Profesional de Lalín.