Acceso a outros cursos de grao profesional

O mesmo Decreto 203/2007 regula o acceso a outros cursos no artigo 12º:

1. Poderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria deberá regular o procedemento de acceso a calquera outro curso, que se axustará ao disposto nos puntos seguintes.

3. Esta proba constará de dous exercicios:

  • a) Interpretación, no instrumento ou coa voz, de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente anterior ao que se opte e das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  • b) Exercicio teórico-práctico para valorar os coñecementos das materias dos cursos anteriores a que se opte. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

 

4. A puntuación definitiva da proba citada nos puntos anteriores será a media ponderada da cualificación obtida en ambos os exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro deles nun 70 por cento, e o segundo nun 30 por cento.

5. A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para se matricular no curso académico en que fose convocado.

A Orde do 28 de Xullo de 2008 regula as probas de acceso descritas no apartado anterior. Para o Curso 2021/2022 as datas serán marcadas polo CMUS atendendo ás seguintes instruccións da Consellería.

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Información Probas de Acceso a Outros Cursos

2023/2024

 

O Prazo de Matrícula será do 19 ao 23 de xuño.

Hai dúas vías para matricularse nas probas:

  1. De xeito presencial: Entregando a documentación no CMUS Profesional de Lalín (En horario de 16:00 a 21:00).
  2. De xeito non presencial: Realizando unha Instancia Xeral na Sede Electrónica do Patronato de Lalín https://padroadolalin.sedelectronica.gal/ e axuntando a documentación requirida. É necesario ter Certificado Dixital.

 

1. Documentación a entregar

(importante que estea cuberta completamente e asinada)

 

2. Pagamento da Taxa

O pago das taxas do CMUS Profesional de Lalín realizarase mediante a sede electrónica do Concello de Lalín.

  • Na páxina do Concello www.lalin.gal
  • Na parte superior dereita seleccionamos sede electrónica
  • Baixamos a páxina e atopamos en Enlaces de Interés a Sede Tributaria Concello de Lalín e facemos clic en OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA Y PAGO DE TRIBUTOS
  • En Recibos e Impuestos seleccionamos Autoliquidaciones Enseñanzas Patronato.
  • Cubrimos o modelo sen deixar ningún campo obrigatorio. Importante o Interesado é o/a alumno/a.
  • Seleccionamos Si en Prueba de Acceso
  • Facemos clic en Calcular.
  • Temos 2 opcións
    • Imprimir Recibo e pagar no Banco
    • Pagar Online e realizar o tramite.
  • O xustificante xerado online ou o impreso de pago no banco (selado pola entidade ou acompañado polo ingreso) ten que vir adxunto coa documentación ao CMUS.

 

3. Desenrolo das probas

 

Pódese consultar toda a información relativa os coñecementos das materias dos cursos anteriores ao que se opte nas programacións do CMUS Profesional de Lalín.

  • Martes día 27 de xuño PROBAS INSTRUMENTAIS.
    • O horario desta proba é individual e será enviado á dirección de email que se indique no impreso de matrícula das probas de acceso, tamén estará dispoñible o día 27 chamando ao CMUS.
      • Grao Profesional 3 obras (unha delas de memoria) con acompañamento de piano de ser o caso. Tamén se realizarán as probas de banda/orquestra, conxunto, etc.

  • Mércores día 28 de xuño PROBAS TEÓRICO-PRÁCTICAS.
    • Todo o alumnado presentarase ás 16:00 horas co material necesario para a realización da proba (lapis, goma e bolígrafo).