Matrícula

Primeira matrícula no CMUS

Aqueles/as alumnos/as que queiran comezar os seus estudos oficiais de música no CMUS Profesional de Lalín deberán realizar unha PROBA de ACCESO.

 


Matrícula Ordinaria

Alumnado xa matrículado no CMUS neste 2022/23 e con tódalas materias superadas (agás 4º G. Elemental que deben facer as probas de acceso ao Grao Profesional)
Aberta do 5 ao 23 de XUÑO

Información para a formalización da matrícula

 

Hai dúas vías para matricularse:

A. De xeito presencial: Entregando a documentación no CMUS Profesional de Lalín (En horario de 16:00 a 21:00).

B. De xeito non presencial: Realizando unha Instancia Xeral na Sede Electrónica do Patronato de Lalín https://padroadolalin.sedelectronica.gal/ e axuntando a documentación requirida. É necesario ter Certificado Dixital.

 

  1. Documentación para a formalización da matrícula

(importante que estea cuberta completamente e asinada)

 

  • -Impreso de Matrícula.
  • -Renovación do Formulario de Tokapp (Sistema de mensaxería entre mestres e nais/pais/titores). É necesario instalalo no teléfono móbil da/o nai/pai/titor.
  • -Xustificante do Pago da Taxa Online ou a Autoliquidación selada polo Banco.
  • -Orde de Domiciliación Bancaria no caso de seleccionar o pago fraccionado (este documento deberá estar selado pola entidade bancaria ou acompañado por un Certificado de Conta Bancaria).
  • -Xustificante de familia numerosa, de ser o caso.
  • -DNI do/a alumno/a, no caso de renovación.

 

  1. Pago da Taxa

O pago das taxas do CMUS Profesional de Lalín realizarase mediante a sede electrónica do Concello de Lalín.

  1. Ingresar na páxina do Concello www.lalin.gal
  2. Na parte superior dereita seleccionamos sede electrónica
  3. Baixamos a páxina e atopamos en Enlaces de Interés a Sede Tributaria Concello de Lalín e facemos clic en OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA Y PAGO DE TRIBUTOS
  4. Desplegamos Recibos e Impuestos e seleccionamos Autoliquidaciones enseñanzas Patronato.
  5. Cubrimos o modelo sen deixar ningún campo obrigatorio. Importante o Interesado é o/a alumno/a.
  6. Se é un alumno/a do Grao Elemental só hai que indicar o curso en cambio se é de Grao Profesional hai que indicar o número de materias.
  7. Si se quere pagar en 2 prazos débese indicar na pestana de Pago Fraccionado (o primeiro ingresarase no momento da matrícula mediante este procedemento e o segundo pasarase no 2º trimestre do curso académico)
  8. Facemos clic en Calcular.
  9. Temos 2 opcións
    1. -Imprimir Recibo e pagar no Banco
    2. -Pagar Online e realizar o tramite.
  10. O xustificante xerado online ou o impreso de pago no banco (selado pola entidade ou acompañado polo ingreso) ten que vir adxunto coa documentación ao CMUS.

 

  1. Segundas especialidades

O alumnado que queira iniciar unha segunda especialidade deberá realizar a correspondente proba de acceso.

No caso de alumnado de primeiro curso deberá esperar a estar aceptado o seu acceso.

Recomendamos ao alumnado que estea a cursar segundas especialidades que consulte o número de matrículas antes de cubrir a documentación. 986 78 35 70

 

  1. Alumnado con materias pendentes

O alumnado que teña algunha materia pendente, deberá esperar para matricularse a realizar as probas extraordinarias.